Desconexión dixital
Garantía do dereito ao descanso fóra do horario lectivo, evitando a esixencia de dispoñibilidade ou cargas dixitais excesivas ao finalizar as clases.
Aprende a convivir coa tecnoloxía de forma saudable, equilibrada e segura, tanto na aula como no fogar.
Pautas clave para promover un uso responsable e equilibrado da tecnoloxía
Garantía do dereito ao descanso fóra do horario lectivo, evitando a esixencia de dispoñibilidade ou cargas dixitais excesivas ao finalizar as clases.
Regulación do uso de dispositivos móbiles persoais nos centros educativos para reducir distraccións e fomentar o xogo e a relación directa.
Equilibrio entre o contorno dixital e as metodoloxías tradicionais, garantindo o traballo manipulativo, a lectura en papel e a interacción presencial.
Garantías de seguridade na xestión de datos, protección da intimidade do alumnado e prevención de condutas de ciberacoso.
Como se traducen estas pautas no día a día
Os dispositivos mantéñense gardados e o seu uso pedagóxico limítase a actividades autorizadas a partir de 3º da ESO.
Emprego exclusivo de contornos virtuais que garanten a protección de datos segundo o Esquema Nacional de Seguridade.
Desenvolvemento de competencias para a identificación de contidos falsos, a privacidade e a convivencia en liña.
Control dos tempos de pantalla na casa, promovendo momentos libres de tecnoloxía durante as comidas e o descanso.
Cumprimento dos horarios sen envíos nin esixencias de tarefas fóra da xornada escolar regulada.
Acceso ás accións formativas e obradoiros sobre seguridade e supervisión dixital organizados polos centros.